domingo, 10 de octubre de 2010

O CAMBRE PROMESAS CAE NA CORUÑA.

O club de tenis de mesa, Cambre Promesas, perdeu onte o seu segundo partido consecutivo, tras caer ante o S.D. Hípica, como visitante. Unha mala arbitraxe e os nervios do debut ante uns dos grandes, puideron co Promesas, que suma xa dúas derrotas. O partido quedou 4-3 para os locais, que lle deron a volta ao encontro tras gañar os dobles e o último e decisivo encontro, grazas do penoso colexiado, que foi un dos xogadores do Hípica, debido á escasez de árbitros federados. Martin, David, Raúl, Samuel e Andrés, non puideron facer nada por evitar o regalo dos tres puntos que acabaron levándose os herculinos. Damián, Dani, Álex, David V. e Esteban foron os xogadores do club cambrés que se perderon o encontro por compromisos persoais. A próxima xornada disputarase no local social da Rocha (Cambre) ante o Breogan Oleiros E. Mañá, día 12, os compoñentes do noso equipo, xogarán un torneo no que iran a por todas para resarcirse despois desta segunda derrota.

Isto foi todo por hoxe. Forza Depor!

No hay comentarios:

Publicar un comentario