domingo, 10 de octubre de 2010

ESPAÑA VENCE E CONVENCE.

A selección española de fútbol conseguiu onte unha nova victoria contra Lituania, por tres goles a un. Fernando Llorente foi o dianteiro que firmou os dous primeiros tantos, ambos de cabeza. Tras o primeiro do bilbaíno, chegou o inxusto gol dos visitantes, xa que non era merecido. Seans, punta lituano, meteu tras unha rápida contra o único gol do seu equipo, para empatar momentaneamente o partido. O Helmantico de Salamanca, rendiuse ante unha selección que aínda tivo tempo de regalarlle á afición outro gol. Silva cabeceou o terceiro, desta volta dende o punto de penalti. Tamén puido alcanzar a victoria a sub 21, que derrotou a Croacia cun fermoso gol do deportivista, Adrián. O punta asturiano, e Rubén Pérez, ambos xogadores do Depor, foron o mellor da súa selección, coa que xogaron os 90 minutos do partido. Non tanta sorte tivo Morel, que perdeu no amistoso de Paraguai contra Australia. O noruego, Rindaroy, non tivo finalmente a ocasión que tanto se lle resiste de vestir a camiseta do seu país.

Isto foi todo por hoxe. Forza Depor!

No hay comentarios:

Publicar un comentario