Onte, os seguidores deportivistas demostraron que non son unha afición calquera, xa que se comprometeron de certa forma co Deportivo. Máis de 150 aficionados reuníronse onte na cidade deportiva de Abegondo para animar, apoiar e naturalmente ver, ao equipo dos seus amores, que tan mal momento están pasando. Os Blues, tiveron ese fermoso detalle co club, acto que emocionou a diversos xogadores e técnicos do Depor. A gran pancarta que colgaron, falaba por eles, xa que a "Unión e Compromiso" é o que lle fai falta ao combinado coruñés, como ben plasmaron eles e mais Lotina, mais tarde, na roda de prensa. A afición arroupou ao Depor cando máis o precisaba e os xogadores teñen que satisfacelos. Non só iso fixeron os Riazor Blues, xa que gritos como: "Todos a unha, gañamos a Osasuna!", e demais cánticos deportivistas, habituais no estadio, moveronse na mañá de onte pola zona de Abegondo. "Cos pelos de punta", é como calificou Juan Rodriguez a situación que viviu, xa que afirma que é un gran detalle por parte da afición e que o domingo nos agasallarán cunha victoria. Outras frases como a de Lopo: "Esta afición é un exemplo a seguir", quedarán na mente dos que estiveron media mañá animando ao club. Manuel Pablo, que xan ten vivido situacións destas, señalou que o domingo necesitarán todo e a todos, para gañar. Pola súa parte, Desmarets, o incorporado este verán, calificábase como unha persoa totalmente sorprendida despois desta gran sorpresa. Para rematar os agradecementos, Lotina deixou claro que esta é a mellor afición de todas e que Unión e Compromiso, é o que máis falta lle fai neste momento ao Depor.
Isot foi todo por hoxe. Forza Depor!

No hay comentarios:
Publicar un comentario