O Deportivo da Coruña voltou a firmar un mal partido, desta volta contra o Villarreal, rival de nivel parecido ao do combinado coruñés. O resultado foi favorable en todo momento aos locais, xa que en vinte minutos, Nilmar adiantaba ao seu equipo, tras un gol a media altura e cruzado, moi ben definido. As tres tarxetas amarelas que recibiron os de Lotina, confirman (a simple vista) un pouco máis de garra defensiva... Mais, o de onte foi todo o contrario. Ao Depor, faltoulle agresividade na dianteira, precisión nas bandas, e traballo na defensa. Tamén se puido notar con claridade, a ausencia de Urreta, Michel e o cambio de banda de Desmarets, debido á chegada de Saul ao once inicial. Outro dos motivos da derrota, foi a suplencia de Andrés Guardado na primeira metade, que foi cambiado polo futbolista francés. Saúl, foi un dos destacados do encontro, no que tamén debutou Dioni, dianteiro do Fabril, que supliu ao lesionado, Riki, na punta de ataque coruñesa. O submarino amarelo, puido cun Depor con poucas ideas, e un erro gravísimo na alineación inicial, que estivo plagada de faltas importantes e composta por habituales futbolistas de banquillo.
Hasta Febreiro, Michel!
O mediapunta valenciano, fixo onte a operación da súa rodilla dereita, que levaba xa un tempo lesionada. Michel, puido saber hai escasas horas a duración da súa lesión, e dende logo, a noticia non foi moi agradable. Catro e seis meses separan ao xogador de volver aos terreos de xogo. En Febreiro, espérase a súa volta.
Visítanos, en castelán!
Forza Depor, web relativamente popular na rede nestes últimos meses, tomou a decisión de actualizar outro espazo deportivista, en castelán, para os visitantes de fora que teñan problemas co noso idioma. Trátase dun blog que resume o que se conta neste, en español, co mesmo obxectivo que FD. A dirección deste é a seguinte: www.goldeldepor.blogspot.com esperamos que o visitedes tanto coma este e deixedes os vosos comentarios, suxestións... Grazas e Forza Depor!

No hay comentarios:
Publicar un comentario