Miguel Ángel Lotina deu hoxe mesmo a lista de convocados para o partido de mañá ás cinco da tarde en Riazor. Nesta, volve aparecer o nome de Juan Carlos Valerón Santana, que de novo está nun partido oficial. Tamén é día de estreos, xa que Rindaroy, xogador noruego do Depor, aparece na lista dos convocados, para un partido ao que asistirá de novo Forza Depor. Gol del Depor, blog amigo, estará tamén alí, con nós, para ir preparando a crónica do post partido. Lotina, sairá a por todas ante un Riazor que presenta un ambiente un pouco desilusionante, debido ao enfado dos deportivistas polos poucos puntos logrados ata o de agora. Todo apunta a que a alinaeción estará composta polos seguintes xogadores: Manu, Manuel Pablo, Lopo, Colotto e Morel , Antonio Tomás, Rubén Pérez, Guardado, Desmarets, Lassad e Adrián. Mañá, partido por saír da zona baixa, na que ningún equipo quere entrar.
Isto foi todo por hoxe. Forza Depor!

No hay comentarios:
Publicar un comentario