miércoles, 22 de septiembre de 2010

POUCOS RECURSOS.

O adestrador do Deportivo, Miguel Ángel Lotina, afronta o partido de mañá pensativo, e con dúbidas. Tras facer algunha proba médica aos lesionados, puidose saber que Michel será baixa entre cinco e seis semanas e Urreta serao entre tres e seis semanas. Riki e Pablo Álvarez, son outros dos moitos xogadores que arrastran certas molestias físicas que os levará directos ata a abarrotada enfermería do Deportivo. Saúl e Ze Castro, son os nomes novos na convocatoria, xunto o fabrilista, Dioni. Desmarets, apunta a titualr, despois das boas maneiras sobre o campo que amosou o pasado lúns, en Riazor. Lotina buscará o seu mellor once, xa que o partido, está a piques de comezar.

Osasuna, primeiro rival.

Inexplicablemente para a maioría de seguidores deste deporte, onte, foi o día elixido pola Federación, para sortear os emparexamentos de dezaseisavos de final, primeira ronda na que participan os equipos de Primeira división. O Deportivo, finalmente, foi elixido para enfrontarse ao Osasuna no inicio desta competición, que polo momento, trae loca aos seus aficionados.

Isto foi todo por hoxe. Maña voltaremos con todos vós para seguir coa actualidade deportivista. Forza Depor!

No hay comentarios:

Publicar un comentario