lunes, 27 de septiembre de 2010

O DEPOR MIRA CARA ARRIBA... DENDE ABAIXO.

O Deportivo da Coruña segue prolongando a súa racha de partidos sen gañar, xa que non o fai dende a xornada 37 da pasada liga (de maneira oficial). O Almería, foi esta vez o encargado de poñer ao Depor en boca de todos, situándose no penúltimo posto da clasificación. Dous graves erros que remataron en gol almeriense e a inxusta expulsión de Colotto, descolocaron aos coruñeses do partido. Deste encontro, só se poden destacar un par de cousas positivas, que foron, o debut en Riazor de Dioni e Rindaroy, o aguante que sigue tendo Juan Carlos Valerón, que lle puido demostrar a Lotina a plena confianza que pode ter nel, e o bó partido de Guardado e Rubén Pérez, que mostraron toda a calidade da que dispoñen. Lotina, impresionado polo rápido movemento do marcador, optou por retirar do campo a Yves Desmarets, sacando ao Flaco para dar máis profundidade ao seu xogo, posto que o francés, non fixo unha moi boa actuación na tarde de onte. Lopo, foi tamén cambiado por Ze Castro, debido a unhas molestias que xa arrastraba. Finalmente, o canterán, Dioni, entrou no partido, tras quedar confirmado o pésimo momento que está atravesando o fútbol de Adrián, que perdeu os balóns máis fáciles en sitios imposibles de facelo. Unha vez máis, poderíase acabar dicindo que Filipe Luís, acabou salvando ao Depor, xa que onte, debutou de forma sobresaínte, ao dar a asistenca que lle deu a victoria ao At.Madrid, undindo ao Zaragoza no último posto.

Menos mal!

A parte positiva desta xornada, chegou na Segunda División B, da man de todos os equipos galegos, que gañaron os seus respectivos partidos. Un deles, foi o Fabril, que venceu ao Real Madrid Castilla, en Abegondo por tres goles a dous. Os de Tito Ramallo, víronse obligados a remontar, xa que comezaron o encontro perdendo. Richi, Añón e Juan Carlos, foron os encargados de anotar os goles que fixeron posible esta victoria.

Isto foi todo por hoxe. Ata mañá e Forza Depor!

1 comentario:

  1. Eu aínda confío na remontada...Aínda queda moita Liga!!
    Saúdos!

    ResponderEliminar