domingo, 26 de septiembre de 2010

HAI QUE REACIONAR!

O Deportivo da Coruña atópase a escasas horas de xogar o partido correspondente á quinta xornada de liga, que o enfrontará co Almería. Os coruñeses, levan sen gañar un partido oficial, dende a pasada liga, cando romperon a súa horrible racha de 11 partidos sen coñecer a victoria (Mallorca, 1-0) .O partido, disputarase nun Riazor, con ansias de que o Depor gañe de novo. Nestes momentos, tras o empate do Levante contra o Madrid onte (0-0), o combinado galego, situaríase na zona de descenso, como 18º clasificado. Lillo, adestrador do Almería, é outro dos que están en perigo, posto que se o seu conxunto perdese en Riazor esta tarde, as consecuencias serían moi graves para el, rozando o despido. Esta tarde, partido por saír da zona baixa.

Isto foi todo por hoxe. Ata mañá! Forza Depor!

No hay comentarios:

Publicar un comentario