domingo, 19 de septiembre de 2010

GRAN PARTIDO, SIN RECOMPENSA.

O Fabril de Tito Ramallo, disputou onte pola tarde o partido correspondente á cuarta xornada da liga de segunda B. Os socios deportvistas, puideron gozar dun gran partido dos herculinos, en Abegondo, campo que acolleu o encontro, ante 1.200 espectadores. Do equipo coruñés, debese destacar a expulsión de Insua, aos dez minutos de partido, cometendo penalti, sobre un atacante do Badaxóz. Con dez xogadores, o Fabril, saíu a atacar, mais só dous goles do Depor B, entraron na portería do meta rival. Estes, non foron suficientes para acabar cun contrincante que lle favoreceu xogar cun máis. Añón, Dioni, e Dani, foron do mellor dos de Tito, que á súa vez, fixo debutar a Felipe Ramos. Unha vez máis, o Fabril, viu a peor cara da división de bronce do fútbol español que deixou ao filial deportivista sen puntos, unha xornada máis.

Isto foi todo por hoxe. Mañá, voltaremos con todos vós para facer un avance, antes do partido. Grazas, e Forza Depor!

No hay comentarios:

Publicar un comentario