jueves, 16 de septiembre de 2010

A POR TODAS!

O Deportivo, enfrontase a partir deste lúns á semana máis longa e proveitosa do ano. Os herculinos xogarán tres partidos en sete días, o que suporía un total de nove puntos, de gran valor para o combinado coruñés. O primeiro dos tres encontros a disputar,
será en Riazor, este lúns, fronte o Xetafe, ás 21:00. O segundo, terá lugar en Castellón, no Madrigal, este xoves, ás 20:00, ante o Villarreal, e finalmente, o terceiro, en casa de novo, desta volta contra o Almería, ás 17:00. Despois de disputar todos estes partidos, chegaría o Real Madrid-Deportivo, no Santiago Bernabeu (por confirmar día e hora). Con dous puntos, o Deportivo, sitúase no 15º posto da clasificación ligueira. Michel, nova fichaxe deportivista, pide calma á afición, e asegura que a súa rodilla está en perfecto estado para disputar o partido do próximo lúns. Pola súa parte, Lotina, é positivo, e, a pesar de que recoñece a falta de gol, confía plenamente nos seus puntas, segun afirmou na roda de prensa.

Lanzado!

O Fabril deportivista, alcanzou na noite de onte un importante triunfo, que lle permite soñar coa Copa da Federación, tras vencer por 2-0 en San Lázaro ao Campus Stellae, e certificar o seu pase ás semifinais deste torneo. Jona, foi o encargado de firmar os dous tantos que clasificaron ao Depor B de Tito Ramallo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario