lunes, 20 de septiembre de 2010

BLOQUE DEFENSIVO, PARA PARAR AO GETAFE.

O Deportivo afronta o seu terceiro partido da liga con gañas de brindarlle o primeiro gol da tempada a súa afición. Pola parte defensiva, Manu, é de momento, o único porteiro de primeira división que non recibe un gol, tras deixar a súa portería a cero nos dous primeiros encontros. Hoxe, o meta asturiano do Depor, enfrontase ao Xetafe, club clasificado a tempada pasada na Europa League, que segue coas mesmas aspiracións nesta camapaña. Os dianteiros encargados de batir ao mellor porteiro (momentaneamente) da liga, serán, Colunga e o ex deportivista, Arizmendi. Moitos foron os comentarios de periodistas inexpertos do club, que aseguraban que o Deportivo contaba cunha peor defensa que o pasado curso, xa que era a máis veterana da liga. Sen embargo, Forza Depor, apoiou as decisións de Lotina, por incluír no once a estes futbolistas que tan bo resultado están dando. Guardado, Urreta, Michel e Riki, serán os encargados de levantar a xente dos asientos, do estadio municipal de Riazor, que dende logo, hoxe será pouca. Forza Depor, enviará a Riazor a uns dos nosos repoteiros, que unha vez rematado o encontro, nos contarán de forma detallada, como transcurriu o partido.

Isto foi todo por hoxe. Ata mañá! Forza Depor!

No hay comentarios:

Publicar un comentario