domingo, 22 de agosto de 2010

VENCIDOS, EN ROMA./ DOBLE FICHAXE.

O Deportivo da Coruña, saiu derrotado esta noite do encontro fronte o Lazio, que Lotina calificou como o máis importante. O combinado coruñés, non foi quen de remontar a diferencia de goles que sufriu o marcador dende o 1-1. O primeiro gol do partido, marcabao o equipo italiano, nun grave erro defensivo do Deportivo, que deixaría aberto o marcador, cun gol nos seguintes minutos. O único gol deportivista, chegaría das botas de Adrián, que soubo ler perfectamente a xogada, grazas ao gran pase de Michel. O dianteiro asturiano, metía por fin, o seu primeiro gol da pretempada. A primeira parte, remataría co mesmo resultado e clara posesión do conxunto de Lotina. No segundo período do partido, o Lazio, sairía coas pilas postas, xa que o seu adestrador, decidiu introducir no partido a fichaxe estrela do club italiano, que lles costou 15 millons. O novo xogador do Lazio, revolucionaría o partido, despois de tirarse ao chan claramente, e finxir penalti. O porteiro revelación do Depor, Felipe Ramos, pouco puido facer ante un impoñente tiro do brasileiro, tras a mítica "paradinha". Nese momento, o club herculino, desaparecido na segunda metade, tería a mala sorte de encaixar o terceiro e último gol dende fora da área, no que o ex porteiro do Madrid Castilla, non tivo nada que facer.


Tras o mal encontro do Deportivo en Roma, dende a Plaza de Pontevedra, chegarían por fin, boas novas. Hoxe, o diario de cabeceira do club herculino, o Depor Sport, anunciaba na portada as dúas novas incorporacións do Deportivo para a seguinte tempada, co propósito de cubrir o lateral coxo tras a marcha de Filipe. Os elixidos finalmente, son (como avanzaba este espazo nas anteriores noticias) o noruego, Rindaroy, que procede do Molde, club co que disputou a Europa League, e anotou un importante gol fronte o Studggar. O segundo elixido polo máximo mandatario deportivista, foi Claudio Morel, que ven libre por dous anos, dende o Boca Juniors, de Arxentina. O lateral sudamericano, foi internacional por Paraguai, 32 veces, nas que tivo tempo de xogar o pasado Mundial, no que se enfrontou a España.

Isto foi todo por hoxe. Mañá, seguiremos informando da actualidade deportivista. Forza Depor!

No hay comentarios:

Publicar un comentario