ar desta larga lista, Lendoiro, ten agora unha segunda lista,-según publicou onte o diario oficial deportivista, Depor Sport- na que se atopan os nomes do futbolista de Noruega, Rindaroy, que se coloca como favorito, o do xogador do Middlesbrough, Arca, o lateral do Sporting, Leandro Grimi, o de Claudio Morel e o do xa descartado que viría en calidade de cedido, Juan Manuel Díaz. Nos próximos días, decidirase cal será a nova incorporación para o lateral coxo do Deportivo, o esquerdo.Olimpiakos 0.
Deportivo 0.
O Deportivo, que xogou onte o seu penúltimo partido de pretempada, empatou de novo sen goles no marcador, deixando de novo en cero ao seu adversario. O Olimpiakos, atopábase en plena forma, xa que no seu anterior partido, lle marcara cinco goles a Roma italiana. O partido, disputouse na casa dos gregos, que contaron co apoio da súa afición os 90 minutos, e a súa rápida adaptación ao caluroso clima ao que se enfrontaban os deportivistas. Por parte do Deportivo, Manu, foi o xogador que mellor aguantou as condicións climáticas, e os balóns que parou. O porteiro asturiano, salvou ao equipo de dúas claras ocasións de gol, despois de sacar unha prodixiosa man, que deixou sen festa aos atenienses. Polo Olimpiakos, os comentarios finais, chegaron da man de Ernesto Valverde, ex do Espanyol, que actualmente esta adestrando aos gregos. O técnico extremeño, valorou o xogo do Deportivo entre eloxios, como fixo posteriormente Miguel Ángel Lotina.
Isto foi todo por hoxe. O lúns, informaremosvos de mais actualidade deportivista. Grazas e Forza Depor!
No hay comentarios:
Publicar un comentario