lunes, 23 de agosto de 2010

DE VIAXE DE IDA... E QUEN SABE SE DE VOLTA.

As novas fichaxes deportivistas, para cubrir o lateral esquerdo, chegarán hoxe, según anunciou o Depor Sport, á cidade na que pasarán unha campaña mínimo. O noruego, Rindaroy, chega cedido un ano ao Depor, procedente do Molde, co que disputou a Europa League, con opción de compra, mentres que o paraguaio Claudio Morel, chega á Coruña libre, tras deixar ao seu ex equipo (Boca Juniors) para dar o grande salto na súa carreira co Deportivo. Miguel Ánxel Lotina, confesou nunha entrevista do diario deportivo, AS, as poucas referencias que tiña do xogador do Molde, e confía plenamente na opinión dos asesores do club que llo recomendaron. Por outra banda, o adestrador deportivista, afirmou tamén que o paraguaio, Morel, ten moitas opcións de ser titular e deixar ao noruego no banquillo, debido a experencia coa que conta o mundialista. Rindaroy, pasará o recoñecemento médico o martes, mentres que o de Morel, segue sen confirmar.


Aranzubía... En venta?!

Daniel Aranzubía, porteiro titular do Deportivo as dúas anteriores campañas, vese agora envolto nun grave problema, debido á súa lesión de hombro, e ao repentino e inimaxinable interés do Glashwoh Rangers, por facerse cos servizos do xogador. O equipo escocés, no que militou na campañ pasada Nacho Novo, mostrou un claro interese por facerse co rioxano, e polo momento, a oferta atopase arredor dos cinco millóns. Lotina e Lendoiro, tras consultalo entre os dous, acordaron non vender ao meta bilbaíno, a menos que a oferta sobrepasase os dez millóns. Segun afirmou Lendoiro, o gardameta deportivista é intransferible, e asegura que polo menos ata a tempada que ven, os tres paus do Depor, seguiran ben cubertos.

Isto foi todo por hoxe. Mañá seguiremosvos informando. Forza Depor!

No hay comentarios:

Publicar un comentario