lunes, 2 de agosto de 2010

VELLOS COÑECIDOS.

O Deportivo, atópase a horas do comezo do Teresa Herrera, trofeo de grande reputación do equipo herculino. O Newcastle, equipo británico, aterrizará esta tarde ás cinco, no aeroporto de Alvedro. O campionato, disputarase a partido único, Depor-Newcastle, en Riazor, ás 21:00, e gratis para os socios, que disporán de outra entrada totalmente gratuíta, se se presenta o carnet ou abono, nas oficinas do club blanquiazul. o Newcastle, vestira co seu once de gala, xa que trae as súas estrelas, e a dous vellos coñecidos polo Depor, Coloccini, e Xisco. O defensa arxentino, que non hai moito ofrecera unha entrevista ao Depor Sport, comentaba o seu desexo de voltar ao estadio no que máis cariño recibiu, por parte da afición. Riazor, recibirá a estes dous futbolistas como heroes, xa que hai dúas tempadas, nos salvaron do descenso a segunda división, cousa que este ano se podería ver na Coruña, en caso de que Lendoiro non pagara as súas débedas, a Sergio. O medio catalán, pide 4,2 millóns de euros, diñeiro que debe enviar o presidente hoxe, que é o último día, se non quere que o equipo visite o pozo de segunda. Un pozo sen fondo, no que esperamos non caer.


Bisbal tíñese de banco e azul.


O cantante almeriense, que deu un magnífico concerto onte, na Coruña, vestiu por primeira vez a elástica blanquiazul, que usou para rematar o concerto. Tamén tivo a ocasión de fotografiarse cos ídolos da afición herculina, Aranzubía e Lopo. Dende o blog Forza Depor, agradecémoslle ao Depor Sport toda a información que nos proporcionou.


Isto foi todo por hoxe. Mañá, faremos a previa do partido que se disputará en Riazor, e pasado mañá, no post partido, contaremosvos con todo detalle o ocorrido, xa que o blog Forza Depor, se situará na Tribuna Superior do estadio, para poder fotografiar as imaxes do partido coas súas cámaras especializadas. Na imaxe de hoxe, pódemos ver aos xogadores da plantilla blanquaizul de hai dous anos, posando coa copa. Grazas e Forza Depor!

1 comentario:

  1. A ver quen gaña mañá o Teresa Herrera, espero que o faga o Dépor. O Newcastle será un bo rival para coñecer o nivel actual do equipo, tamén estarei atento a Andy Carroll por parte dos ingleses.

    Un saúdo.
    ¿Trocamos links?

    ResponderEliminar