domingo, 1 de agosto de 2010

NO SEGUNDO ESCALÓN.

A selección española de fútbol sub 19, a "rojita", tiña todas as de levantar o trofeo da Eurocopa ao final do partido, mais non puido ser posible por culpa dunha Francia que gañou polo físico. Como todo o mundo sabe, os españoles, caracterízanse polo tiqui-taca, sen embargo os franceses... Usan o corpo. Isto serviulle aos nosos veciños, para deixar á nosa selección na cuneta, despois de comezar gañando e facer un moi bo primeiro tempo. O gol dos españois, convertiuno Rodri, no minuto 17, tras un gran pase en profundidade, que o deixou só ante o porteiro. O segundo período, dominarono eles pola diferencia de tamaño. Nada máis comezar, nunha desafortunada contra, os franceses igualan o marcador con empate a un. Xa no final, cando so quedaban uns minutos, unha vez máis, atopan outra contra, que que convertiría en gol Lacaset, de rebote. Ao final, a copa (unha vez máis) para o país organizador. España, quedase no segundo escalon do podio.


Isto foi todo por hoxe. Mañá seguiremos con todos vós, pendentes do que ocorra no Depor. Ata mañá! Forza Depor! Viva españa!

No hay comentarios:

Publicar un comentario