miércoles, 18 de agosto de 2010

A BÚSQUEDA CONTINÚA.

Miguel Ánxel Lotina, técnico do Deportivo da Coruña, segue preparando o comezo da competición ligueira, buscando por fora das fronteiras de España un lateral de garantías. Tras o rechazo da oferta proposta ao Barça, o adestrador deportivista, ve como unha das últimas solucións ao lateral paraguaio, Claudio Morel, que xogou co seu país natal o pasado Mundial, de forma moi efectiva. O defensa, chegaría ao Depor con 32 anos e moita experiencia. Proclamouse campión en diversas copas de grande importancia cos seus ex equipos, e sería un moi bo reforzo para o equipo coruñés. A pesar de ser unha das estrelas do seu país, o xogador paraguaio, conta xa os anos de fútbol que lle quedan. Se esta operación se vise frustrada unha vez máis, Lotina e Lendoiro, botarían as mans á liga irlandesa, á arxentina e á portuguesa. Recursos, hai suficientes, tempo, pouco.

Omar, fronte a súa grande oportunidade.

O ex dianteiro do Deportivo, Omar Bravo, voltou ao seu país natal, en busca dun equipo no que puidera disfrutar de minutos. Ese, foi o Chivas. O punta mexicano, admite o contento que se atopa co seu club actual, tras clasificarse para a final da copa Libertadores. A ida, xa xogada, favoreceu ao Internacional, mentres que o Chivas, so puido conformarse cun gol. A volta, disputarase na madrugada de hoxe. Ninguén confía no Chivas, mais, Omar, está preparado. Sorte, compañeiro!

Isto foi todo por hoxe. Mañá, seguiremos actualizando este espazo deportivo. Grazas, e Forza Depor!

No hay comentarios:

Publicar un comentario