
Son xa moitas as novas caras que está vendo estes días o Real Club Deportivo da Coruña, que perfila unha tempada ilusionante para todos os aficionados. Michel, Saúl, Urreta, Desmarets, Stopira, Ruben Pérez, Felipe Ramos, Morel e Rindaroy, foron as novas incorporacións desta campaña, mais, nos despachos do Depor, hai diversos temas que preocupan bastante á parroquia blanquiazul. Un deles, é o caso Piscu, que se atopa dende hai un par de semanas, en paradeiro descoñecido. Según afirma na súa edición de hoxe o DXT, o representante do xogador comentaba aos medios coruñeses que Piscu, "xogará este fin de semana, mais Eugenio Botas, non quixo desvelar con que equipo. Como ben dí o Depor Sport, o xogador coruñés, podería estarse adestrando co equipo inglés, Wigan Athletic, club que se mostrou anteriormente realmenteinteresado no xogador.
Pola súa parte, Rodolfo Bodipo, segue pendiente da decisión que tome o Deportivo sobre o seu futuro. O sevillano-guineano, foi esta semana relacionado co Elche, tras abandonar o seu ex equipo co que xogou escasos minutos, o Vaslui rumano. Pablo Álvarez, pola súa banda, foi elixido, novo recambio do Hércules, club recén ascendido que é atraído constantemente polo asturiano do Depor. O futuro destes tres xogadores, decidirase en breve.
Isto foi todo por hoxe. Forza Depor!
No hay comentarios:
Publicar un comentario