martes, 24 de agosto de 2010

CO MESMO PROPÓSITO.

Os novos xogadores do Deportivo da Coruña, Claudio Morel e Knut Olav Rindaroy, puxeron por fin os pés en terras galegas, tras unha longa viaxe cara a súa actual casa. Ambos xogadores aterraron no aeroporto de Alvedro, mais non o fixeron ao mesmo tempo. O primeiro en facelo, foi o paraguaio, que chegou acompañado de parte da plantilla deportivista, xa que no regreso de Roma, tiveron que compartir avión. Pola súa banda, o noruego Rindaroy, que según afirmou para o Depor Sport, prefire que o chamen polo seu segundo nome, Olav, chegou á Coruña cunha hora de retraso, xa que o vó de Barcelona-A Coruña, se tivo que retrasar debido aos problemas técnicos que sufriu o aeroporto catalán. As dúas fichaxes deportivistas, pasarán hoxe o recoñecemento médico, e acto seguido, serán presentados. Calcúlase que nos próximos días se poñan ás ordes do adestrador vasco do Depor.

Isto foi todo por hoxe. Forza Depor!

No hay comentarios:

Publicar un comentario