jueves, 26 de agosto de 2010

PRESENTADOS.


Redacción /A Coruña.

Onte, foron presentados ante a parroquia blanquiazul, as últimas tres incorporacións do club herculino, no estadio municipal de Riazor. Rindaroy, Morel e Felipe Ramos, poden presumir de ser novos xog
adores do cadro coruñés, tras saludar aos 500 aficionados que acudiron a cita, no día de onte pola tarde. Tras a presentación, o presidente coruñés, que acompañou aos novos futbolistas en todo momento, deu unha animada roda de prensa, na que repasou toda a actualidade deportivista. Lendoiro, falou para os medios, sobre o desexado punta, operación que aínda non descarta, sobre a posible saída de Pablo Álvarez ao Hércules, comentou o futuro de Zé Castro, deixando ben claro, que existen dúas posibilidades fora de España para o luso, unha delas cun club importante. Augusto César, comentou tamén o tema de Bodipo, que según dixo, se volve, non se adestrará co equipo. Falou dos pagarés inexistentes de Sergio Gonzalez, sobre o extraño caso do Mallorca, e finalmente, bromeou acerca de Lotina, que parece ter alingua demasiado larga, según afirmou o presidente.

Isto foi todo por hoxe. Mañá, seguiremos informandovos. Forza Depor!

1 comentario:

  1. Ola,penso que a plantilla debería reforzarse con algunha fichaxe europea,quizais con algún francés,xa que hai moi bos xogadores no país veciño...
    Un saúdo,e FORZA DEPOR!!

    ResponderEliminar