sábado, 31 de julio de 2010

GOL NO DEBUT.

O canterán, Dioni, que se estreaba nunha convocatoria cos homes de Lotina, tamén se estreou esta tarde como dianteiro goleador do primeiro equipo. No Fabril, o malagueño, xa conseguira agrandar a súa conta goleadora co club, con catro tantos en catro partidos. Nesta ocasión, ao Depor, tocoulle enfrontarse ao Cardiff, de Inglaterra, no Cardiff Stadium. Na primeira parte, houbo sorpresa no lateral esquerdo, que a última hora, quedaba vacío, tras perder a Stopira, que se quedaba na Coruña, e a Raúl. O elixido para suplilos, foi Seoane, que non habitúa a xogar nesa banda. O primeiro período de partido, quedou como comezara, con demasiados achegamentos do Cardiff. Na segunda metade, coa entrada de Saúl, o encontro melloraría para o Depor, que gozou de diversas ocasións da man do asturiano. Desafortunadamente, faltoulle puntería e todos os seus disparos eran rexeitados ou fallidos. O mago, Valerón, foi o encargado de arranxar a mala cara que estaba deixando o Depor en terras inglesas. Cun magnifico pase de xenio, o de Arguineguín, fixo que o balón chegase a pés do canterano Dioni, e este definise correctamente. Esta victoria, é a primeira da que pode gozar o combinado herculino na pretempada.


Isto foi todo por hoxe. Mañá, contaremosvos con todo detalle o ocorrido onte na final da Eurocopa sub 19. Forza Depor!

No hay comentarios:

Publicar un comentario