O técnico deprotivista, Miguel Ángel Lotina, prepara xa a tempada, descartando xogadores. Onte, este blog, anunciaba que o de Meñaka, debía tomar unha decisión, con respeto ao futuro de Aythami e Zé Castro. O adestrador, tras pensalo durante un tempo, viu m
áis capacitado para cubrir ese posto a Aythami, xogador co que ninguén contaba. Despois de tres cesións, o futbolista ex do Xerez, conta cunha nova oportunidade en primeira, desta volta co Deportivo. A Zé, pola contra, estanlle buscando de novo un equipo no mercado. Rochela, seguiría no club blanquiazul, a non ser que o luso se quedase un ano máis no combinado herculino.
áis capacitado para cubrir ese posto a Aythami, xogador co que ninguén contaba. Despois de tres cesións, o futbolista ex do Xerez, conta cunha nova oportunidade en primeira, desta volta co Deportivo. A Zé, pola contra, estanlle buscando de novo un equipo no mercado. Rochela, seguiría no club blanquiazul, a non ser que o luso se quedase un ano máis no combinado herculino.Florentino unese á caza.
O lateral do Murcia, que xa vía o seu futuro en Alemaña, co Shalke 04, unenselle máis pretendentes, que poden significar unha nova incorporación para o Deportivo. Escudero, pretendido polos alemáns e polo club herculino, é agora a nova prioridade de Florentino. O Madrid, ficharía ao xogador, para despois cedelo un par de anos e seguir de cerca a súa carreira, en clubes como o Depor e o actual equipo de Raúl. En pouco tempo, quedará resolto a súa incorporación a algún destes clubes.
Gales, seguinte destino deportivista.
Mañá, a expedición blanquiazul, continuará a súa pretempada, en busca da primeira victoria dende que comezaron os partidos de preparación. Os fabrilistas, Seoane e Dioni, foron convocados para disputar este encontro entre o Cardiff e o Deportivo, no Cardiff Stadium, nnun amistoso. Aranzubía , que será baixa no incio de liga, non viaxará, mentres que o resto dos compoñentes do segundo equipo herculino, disputarán fronte o Racing de Ferrol, outro amistoso, que servirá de homenaxe ao que fora capitán deportivista na década dos oitenta, Jose Luís Vara. O partido disputarase en Muros, e ao igual que o do Depor, será mañá, sábado.
Selección de fútbol sub 19 e sub 21.
Hoxe, a "rojita", disputará a final da Eurocopa 2010 fronte o organizador do torneo, Francia. Pola súa banda, a sub 21, convoca definitivamente aos deportivistas, Adrián e Rubén Pérez. Guardado, Urreta e Stopira, foron tamén convocados, pero coas selecións absolutas respectivamente.
Isto foi todo por hoxe. Forza Depor! Ánimo España!
No hay comentarios:
Publicar un comentario