jueves, 8 de julio de 2010

BERGANTIÑOS, SERÁ O SEGUINTE.

O Deportivo da Coruña, segue coa súa operación "saída", que está a ser un éxito, e continúa o mesmo camiño. Despois da marcha de Mista, Sergio e Bodipo, todo apunta a que o seguinte en forzar a súa saída do club herculino, será o ex canterán, Álex Bergantiños, que xa militou en Primeira, a tempada pasada co Xerez, e hai dúas, en Segunda, no ano do ascenso do clube andalúz. Desta volta, o seu destíno, atópase na división de plata, co recén ascendido, Granada. O interese do club do sur de España, está sendo enorme, según declarou o Depor Sport, hoxe. Por outra banda, o eterno capitán blanquiazul, Sergio Gonzalez, que abandonou o clube da súa vida, por un mal entendido con Lendoiro, ve xa como a súa próxima casa, Levante, equipo co que o representante e pai do xogador se leva bastante ven, e vé ao seu fillo adestrandose na pretempada cos valencianos. Só falta que se chegue a un acordo, e Sergio, será xogador granote, a próxima tempada.


Viaxe de investigación.


O blog, Forza Depor, preocupado polo futuro dun dos nosos xogadores (Ze Castro) viaxará a Portugal, para informarse da valoración que se lle esta dando ao luso no seu país. Tamén se averiguará, cal é o interese de clubes como o Sporting de Lisboa, en fichalo. A viaxe emprenderase o Domingo 11, día en que España se xoga o Mundial (tamén procuraremos informar do partido mundialista, dende o noso país veciño.) e voltaremos o día 19 deste mesmo més. A pesar da nosa ausencia, contamos coas constantes visitas, que moitos de vós, nos facedes habitualmente.


Isto foi todo por hoxe. Forza Depor! Ánimo España!

No hay comentarios:

Publicar un comentario