sábado, 10 de julio de 2010

QUINTA FICHAXE DE LENDOIRO.

Stopira, convertiuse a partir deste pasado venres en xogador do Real Club Deportivo. O lateral, internacional absoluto por Cabo Verde, ven ao equipo coruñés, por catro tempadas. Lotina, contento polas novas incorporacións, atopou por fin, ao lateral esquerdo, que reforzaría esa banda, que Filipe, podería deixar dun momento a outro. A nova fichaxe herculina, foi internacional coa súa selección, dende hai xa varias tempadas, incluíndo, o amistoso que o enfrontou ao combinado portugués, nun dos partidos de preparación para o Mundial. Chega procedente do Santa Clara, e ten 22 anos.


Isto foi todo por hoxe. Forza Depor!

No hay comentarios:

Publicar un comentario