miércoles, 7 de julio de 2010

BESTIAL!

Por primeira vez na historia de todos os mundiales nos que participou a nosa selección, España, conseguiu a clara e merecida victoria fronte Alemania, como predecira Poul, o polbo alemán. A roja, foi a controladora do partido, que a levou á cima, na gran final, na que nos mediremos a Holanda. O gol, chegou cerca do final, dende un saque de esquina botado por Xavi, e ben cabeceado polo defensor catalán, Carles Puyol, ou Tiburón. Villa, non tivo a súa noite, mentres que Torres, puido sentenciar o partido, se non fose polo egoísmo de Pedrito, que ao parecer, quixo ser o heroe dun partido, que Alemania deu por perdido, cando o lateral Boateng, abandonou o campo por un moi mal rendimento. España, ve cada vez máis cerca o maior título mundial, do que unha selección puido e poderá gozar nunca.


Isto foi todo por hoxe. Esperamos que gozasen deste avance especial do blog, que como España, precisa o maior apoio posible, pola súa participación, no concurso dos 20 mellores blogs españoles do ano, que organiza o 20 minutos. Grazas unha vez máis. Viva España! Forza Depor!

No hay comentarios:

Publicar un comentario