sábado, 22 de mayo de 2010

NORABOA, CAMPIÓNS!



O Fabril, converteuse, hai unha hora e oficialmente, en equipo de Segunda B. Os de Tito Ramallo, "obrigaron" á Tribuna Superior, Preferente Inferior e aos mesmos banquillos do campo de Riazor, a erguerse de felicidade pola merecida victoria fronte o Burgos, despois de sufrir o partido, a prórroga, e os penaltis. Aquí tedes un resumo deste ascenso.




Riazor.


18:00 horas.


Partido de volta da fase de ascenso a Segunda B. (Ida: 0-0)


Fabril-Burgos.


Incidencias: 600 espectadores do Burgos presenciaron o partido na tribuna inferior do estadio, os seguidores blanquiazuis, fixerono dende a tribuna superior e preferente inferior.




O partido polo ascenso de terceira a segunda división b, levantou moita expectación entre os seguidores de ambos clubs. Na ida, o resultado non favoreceu a ningún dos dous equipos. Na volta, en Riazor, pasou o mesmo, coa excepción de que o encontro se disputou intensamente, despois de ter que chegar á prórroga e os penaltis. Este, comezou, como non, coa clara posesión dos locais. Uns achegamentos clave, meteronlle o medo no corpo aos 600 aficionados que se desplazaron para ver o partido. Añón, Chirri, e inclusive Raúl, intentarono de todas as maneiras posibles. Sen embargo un largueiro e un pau impediron que o Depor B se adiantase no marcador. Nas poucas chegadas dos visitantes, Rochela interviu para sacar distintos balón con certo perigo. A primeira parte, rematou como empezara, 0-0. Na segunda metade, o Depor quixo rematar aquel pesadelo dunha vez e proclamarse gañador. Esta corazonada, tapouna cos seus puños o gardameta do Burgos, sacando uns balóns imposibles e intervindo unha e outra vez. Cando xa só quedaban uns dez minutos, Rochela, inventouse un centro chut, que , desgraciadamente, bateu no largueiro contrario. O partido rematara co mesmo resultado, iso só podía significar que se terían que medir de novo na prórroga. Unha vez comezada, un xogador dos visitantes, tírase ao chan, na pugna dun balón, que sae perdendo, e comeza o espectaculo. O xogador, tirado no chan, pide atención, máis o Depor non se deixa enganar por semellante teatro. O arbitro da permiso para que o xogo prosiga, e o resto, puidose recordar como unha batalla que enfrontou a xogadores de distintas entidades, na que saiu perdendo o Burgos, que rematou co seu adestrador expulsado, e con dúas vermellas. Tamén a prórroga rematou co mesmo marcador, isto, levarianos aos penaltis. No punto de penalti e nas gradas, todo era tensión. O primeiro lanzamento, foi do Depor, que non tivo problemas en marcar o primeiro. O Burgos, non se rendiu, e seguiu intentándoo, máis o noso porteiro, rematou coas espectativas rivais. Ao final, o partido rematou cun 3-0, a favor do Depor, dun Depor crecido, que quere seguir crecendo. Norabóa, Campións.




Mañá voltaremos igual que hoxe, cargados de anecdotas sobre o partido, e cunha entrevista exclusiva con Iván Perez, que presenciou o partido con nós. Grazas e ate outra! Forza Depor e Forza Fabril!

No hay comentarios:

Publicar un comentario