sábado, 22 de mayo de 2010

COMEZAN AS NEGOCIACIÓNS.

Augusto Cesar Lendoiro, presidente do Deportivo da Coruña, comezou as negociacións veraniegas, un día despois do comezo das vacacións dos xogadores. A primeira nova foi a do representante de Filipe Luís Karmiski, que lle deixou suficientemente claro ao máximo mandatario do club, o interese do lateral por xogar nun equipo no que teña máis presencia europea. García Quilón, interrogou a Lendoiro sobre as diferentes ofertas recibidas para mercar este verán ao brasileiro, quen asegura que o seu futuro no Depor é algo borroso e complicado. O ano pasado, o Barcelona mostrara o seu interese polo xogador herculino, máis, dez millóns de euros, non foron quen de convencer ao noso presidente. Este ano, a principal opción do xogador blanquiazul, é o Real Madrid, que xa preguntou varias veces polo xogador nestes meses pasados. Outros xogadores duda, son Mista e Juan Rodriguez. O murciano, xa non conta para Lotina a seguinte tempada, sen embargo dispón dun ano máis de contrato. Mentres, o malagueño, pretende renovar de novo, co club herculino. Tamén o futuro de Sergio está en xogo este verán. O xogador catalán, non ten claro, polo momento, a decisión que tomará e deixa coa duda a Lotina. As negociacións, están abertas.


Isto foi todo por hoxe. Grazas por lernos unha vez máis. Forza Depor!

No hay comentarios:

Publicar un comentario