lunes, 24 de mayo de 2010

FALANDO DE FICHAR...

O presidente do Deportivo da Coruña, Augusto Cesar Lendoiro, ilusionado pola seguinte campaña, comeza xá a pensar no futuro, trás afirmar que para dentro de cinco tempadas, media plantilla deportivista, será de orixe galego. O presidente coruñés, pretende recolectar novas promesas do fútbol de Galiza. Lotina, pola súa banda, non está en total acordo con Lendoiro.


De fichaxes tamén falan os xogadores deportivistas. O primeiro deles, que é tamén o xogador número un, Daniel Aranzubía, afirmou que de cara á próxima tempada, deberanse producir algúns cambios, se o Depor pretende ocupar posición europeas. Según dí o rioxano, "O equipo, farase moi previsible, sen fichaxes". Estas declaracións, fixoas o porteiro, para os nosos compañeiros do diario Marca.


Por outra banda, noutra categoría deportivista, o Juvenil A, levouse unha importante victoria en Abegongo, este domingo, fronte a Real Sociedade (4-3). Esto serviulle como pasaxe ao Depor, aos cuartos de final da Copa do Rei.


Isto foi todo por hoxe. Mañá estaremos aquí coa entrevista exclusiva ao herculino, Ivan Pérez. Grazas por lernos. Ata sempre! Forza Depor!

No hay comentarios:

Publicar un comentario