viernes, 21 de mayo de 2010

FIN DE SEMANA CLAVE.

Unha vez pechada a liga, co Deportivo de vacacións, e polo momento, con poucas trazas de fichaxes, gustaríanos dedicarlle esta entrada ao Fabril, que mañá xogará ás 18:00 horas, dende Riazor o encontro que decide o futuro do Depor B. Os canteráns deportivistas, mediranse no partido de volta da fase de ascenso a Segunda división española b, ao Burgos, que deu resistido na súa casa todas as ocasións de gol que tiveron os herculinos. O partido, que terá lugar mañá, na Coruña, atraerá ate as terras galegas aos 600 aficionados do equipo rival, e para os deportivistas, os nenos deberán pagar 10 euros pola entrada (ate os 16 anos) e os adultos 20. No caso de que algún dos herculinos conserve o carnet de socio blanquiazul, serviralle como entrada amosandoa nunha das portas que da ao interior do estadio. A taquilla para coller as entradas, estará aberta dende as 16:00 horas no campo do Depor.


Dende este blog, gustaríanos felicitar ao Deportivo Juvenil B, pola súa victoria na final, recibindo así o mote de campión. No Juvenil A, preparan xá o próximo choque fronte a R.Sociedade, na volta dos octavos de final da Copa do Rei. Na ida os dous conxuntos empataran a uns, en Zubieta.


Tamén está de festa o Alevín blanquiazul, que conseguiu sumar o luns pasado o título da súa categoría. No campionato galego de fútbol 7, lograron o empate, o que aínda os mantén vivos.


O Deportivo, unha vez rematada a liga, tocoulle comezar a guerra dos despachos, na que se verán implicados varios xogadores "buscados" por Lendoiro. Un deles, é Yeste, que asegura que se quere ir do conxunto dos leons. O segundo é, nada máis nen nada menos que Ignacio Camacho, xogador do Atlético que non disfrutou de moitos minutos esta tempada cos colchoneiros. A lista dos pretendientes deportivistas, cerraa Michel, mediapunta xoven que busca a titularidade nun club con máis necesidade de dianteiros. Logo, outra das opcións sería Saúl, xogador do Elche, que recoñeceu o seu interese por xogar en primeira. Das fichaxes aos carnets. Isto significa que o club deportivista, abrirá dentro duns días o plazo que nos leva ate o 30 de Xulio, para renovar o carnet ou abono mercado a tempada anterior.


Con esta última nova, despedímonos por hoxe, cerrando así a tempada e comezando as vacacións co noso Depor. Isto non significa que este blog non siga en funcionamento. Mañá voltaremos con todos vós, e con máis cousas que contarvos. Ate sempre! Forza Depor!


No hay comentarios:

Publicar un comentario