O R.C.Deportivo de A Coruña, cumpliu esta semana por todo o alto dez anos da única liga española que posa agora sobre as vitrinas deportivistas. Esa data, como non, non se borrará con facilidade das nosas mentes. Pero, aínda así facilitaremoslles unha das máis coñecidas de entre as moitas imaxes que puidemos escoller.

Pois dende aquí felicitamos ao Depor pola liga gañada, e desexamoslle que gañe moitas máis. Aparte, gustaríanos anunciar que a pesar do remate da liga española, Forza Depor, anunciará as fichaxes do equipo herculino, fará igual numerosas enquisas, e contará cunha nova sección chamada "Campions cara o Mundial", na que iremos falando do percorrido da nosa seleción unha vez comece o Mundial de Sudáfrica 2010. Mañá anunciaremoslles a lista dos xogadores convocados para o campionato do mundo.
Grazas por lernos. Ate outra! Forza Depor!
No hay comentarios:
Publicar un comentario