sábado, 1 de mayo de 2010

ESCANDALO!

Escandolo deu o Deportivo unha vez máis na segunda volta desta liga, na que xa non aspira a Europa. Riazor rexistrou hoxe unha mala xornada debido á escasa entrada, o partido perdido e a lesión de Antonio Tomás. O resultado foi un 0-1 a favor do Zaragoza, que só gozou dunha oportunidade, máis souboa aproveitar moi ben. Esta foi unha iniciativa de Paredes, que roubou inxustamente un balón dos pés de Serxio, e que máis tarde convertiría, tras unha acción só diante de Aranzubía o dianteiro, Camuñas, que xa puidera marcarnos en máis dunha ocasión co Recreativo de Huelva. O resto do partido controlouno o Depor, que puido empatar e inclusive gañar en varias xogadas. A primeira, tivoa Riki nas súas botas, só diante do porteiro Roberto. A segunda tamén foi por mediación do ariete deportivista, quen puido adiantar ao equipo en diversas ocasións similares. Logo puidemos gozar de dous balóns ao largueiro. O primeiro de Juan Rodriguez e o segundo do canterán Añón. Nesta nova derrota do Deportivo, destacaron como xogadores máis seguros os do Fabril, Raúl e Rochela. Pouco máis nos deixou este encontro que resultou ser o mellor, a pesar da derrota do Deportivo, dos dez que leva perdidos.


Menudo recibimento!

Para recibimentos o que lle deu a grada de Riazor a Lafita, ex deportivista. O mediapunta do Zaragoza entrou no campo entre pitos e silbidos, continuou o partido igual e rematouno da mesma maneira. Non pasou o mesmo con Pablo Amo, que non foi maltratado como o seu actual compañeiro. Tampouco Arizmendi sufriu gritos da súa antiga familia, o principal motivo foi que non xogou o partido.


Lotina, adestrador deportivista, comentou en roda de prensa datos coma que foi o mellor partido dos dez últimos que xogaron, que hai que reforzar varias posicións de cara á próxima tempada e que segue contentísimo polo rendimento dos canteráns.


Filipe, conseguiu arrincar os únicos sorrisos dos aficionados. O lateral brasileiro (como xa anunciara este blog) saiu no intermedio do partido para lanzar o gol a favor da escolarización dos nenos de todo o mundo. Este acto foi catalogado por Filipe como unha grande campaña na que se sinte afortunado por colaborar.


Isto foi todo por hoxe, no post partido. Ata mañá! Forza Depor!

2 comentarios:

  1. Hola!
    Tienes un gran blog!
    Me uno a tu grupo de seguidores.

    Yo tengo un blog de F1 (Red Bull)y me gustaria que te unieras a mi grupo de amigos y seguir en contacto.

    Saludos,
    Ricard

    ResponderEliminar
  2. hola soy tu vecina. ese depor!!!

    ResponderEliminar