domingo, 2 de mayo de 2010

CAMPEÓNS DEPORTIVISTAS!

O Fabril, que gañou hai pouco a liga do seu grupo na terceira división española, non é o único equipo deportivista que pode presumir de título. Onte pola mañá, os xogadores do Infantil A, fixeron tamén historia no club, tras abrumar tamén ao Victoria, e proclamarse campións da liga Galega. Isto, continúa agrandando o palmarés do Depor, e sobre todo dos campos de adestramento de Abegondo, que poden presumir de ter xa unhas das zonas máis ben equipadas, non só para entrenarse, senon que continuan a darnos novas promesas que pouco a pouco se están a formar na primeira plantilla.


No Depor, unha das novas que destacamos é a derrota de onte, que xa anunciarámos neste blog. A portada dos nosos compañeiros de Depor Sport, xa o di todo (S.O.S.) e a nosa última tamén (ESCANDALO!). Se isto no é suficiente, preguntarlle a Lendoiro, que afirma que espera con ansiedade o remate desta liga. O mércores desta semana o equipo medirase ao Osasuna, que segue loitando por non caer no pozo negro co resto dos condenados.


Isto foi todo por hoxe. Mañá voltaremos con máis novas do Depor. Forza Depor! Feliz día da nai!


No hay comentarios:

Publicar un comentario