viernes, 30 de abril de 2010

ATADO, PERO FELIZ.


O xogador do Deportivo da Coruña, Juan Carlos Valerón, foi noticia onte e hoxe en case todos os xornais coruñeses deportivos. Aquí, non ía ser distinto. O presidente do club, Lendoiro, fixo pública a renovación do xogador, tras quedar no acordo de que o xogador de Arguineguín continuara no Depor cinco tempadas máis. A primeira, 2010-11, como xogador, a segunda, 2011-12, aínda non está aclarado e o resto coma asesor. O que é seguro é que o canario segue contento aquí, nós o mesmo de que siga aquí, e sobre todo, atado, pero feliz.


Filipe, volve a Riazor. O lateral do Deportivo, volverá ao estadio do Depor, pero non como xogador, senon coma un espectador máis, que a parte de presenciar o encontro dende as gradas, lanzará un tiro a portería no campo (no descanso) para poder colaborar da mellor maneira nunha campaña a favor da escolarización dos nenos que aínda non o están. O que é seguro, é que Riazor o recibirá cos brazos abertos.


Juca. O brasileiro que leva lesionado case un mes, chegou fai uns cantos días de Brasil, para adestrarse co resto do grupo. Lotina, despois de valorar o seu estado físico, decidiu incluílo na convocatoria formada por estes homes: Antonio Tomás, Laure, Juca, Aranzubía, Iván Pérez, Juan Rodríguez, Valerón, Lopo, Mista, Manu, Manuel Pablo, Adrián, Lassad, Sergio, Riki, Colotto, Raúl e Rochela.


O partido celebrarase mañá, sábado 1-5-2010, no estadio municipal de Riazor, ás 18:00 horas da tarde, por Gol tv, retransmitido radiofónicamente por: Radio Voz, Cadena Ser, Radio Marca e radio Galega. O mellor resumen no post partido o domingo aquí, en Forza Depor. Xa sabén, Depor-Zaragoza, o encontro do Deportivo con vellos coñecidos como Angel Lafita, Arizmendi, e Pablo Amo.


Isto foi todo por hoxe. o domingo voltaremos con todos vós, para contarvos o mellor do partido. Forza Depor!

No hay comentarios:

Publicar un comentario