.jpg)
Por fin a sorte está do bando do Deportivo. Os de Lotina, que viñan de sufrir unha mala racha, tocoulles onte darlle media Champions ao Sevilla, tras derrotar a un Mallorca que ten xa plaza segura na UEFA, pero aínda así pretende entrar na próxima campaña na Liga de Campions. Estes tres puntos só fan que o Depor adiante ao Atlético, que empatou onte no Molinon a uns co Sporting. Polo demáis os herculinos deixan atrás un record negativo para esquecer.
Depor 1- Mallorca 0.
Cerca duns 6.000 espectadores en Riazor.
Incidencias: O colexiado amonestou por parte dos locais a Adrián e polos visitantes a Marti. Por megafonía mostrouse o recordo do médico Angel Ron Fraga, que faleceu onte, deixando unha vida na que participou o Depor, club do que foi directivo.
Goles: Riki (min. 68). O punta deportivista, Adrian, iniciou a xogada con Filipe Luís, quen puido cederlle o balón a Valerón, para que este asistira cun grande pase a Riki, e definira á perfección diante de Aouate.
Filipe.
O lateral deportivista voltou onte aos terreos de xogo tras tres meses e medio de lesión. O xogador herculino, foi moi ben recibido polo pouco público que asistiu ao encontro. O blog Forza Depor, estivo alí para velo e animalo en todo o tempo que participou no campo.
Riazor Blues.
A peña deportivista "Riazor Blues", mostrou o seu enfado cos xogadores e adestradores do club mediante unha grande pancarta na que expresaron con claridade o que sentían ao ver a mala racha do equipo. Nada máis comezar puidose ver no maratón inferior, lugar de reunión para a maior peña herculina, un enorme cartel dicindo " A VOSA SEGUNDA VOLTA MERECE ISTO". Ao desplegar este cartel, ninguén puido ver aos Blues, que non parecían dispostos a sentarse no seu lugar habitual e decididos a non dar ánimos ao equipo. Pero aos dez minutos, cansados de estar "inactivos", saltaron todos os compoñentes desta grande entidade, con outra pancarta de iguais dimensions, na que se podía ler : "E A GRANDEZA DO ESCUDO ISTO". A partir dese intre os hinchas coruñeses, voltaron a actuar como só eles saben mostrando a súa ledicia pola victoria saltando ao final do partido ao terreo de xogo, que declaraba o final de liga en Riazor, unha liga para recordar, e esquecer.
Isto foi todo por hoxe. Ata mañá! Forza Depor!
No hay comentarios:
Publicar un comentario