jueves, 6 de mayo de 2010

BOMBARDEOS EN PAMPLONA.

De novo o Deportivo foi o que tivo que sufrir nunha tarde na que pouco puido facer fronte un crecido Osasuna, que certificou a súa permanencia, trás vencer aos nosos por 3-1. Os de Camacho, que viñan de perder fronte o Real Madrid, reencontráronse coa sorte ao cruzarse cun Depor que leva pedindo a hora dende hai xa varias xornadas. O certo é que ao equipo coruñés non lle sobran os puntos que conseguiu na primeira volta. Sen embargo tampouco lle faltan, despois de conseguir a permanencia matemáticamente hai cousa dun més. Aínda así , os números do Depor, asustan, xa que na primeira volta, os herculinos conseguiran 39 puntos, mentres que a día de hoxe só levan cinco (na segunda volta). Isto segue convencendo que o Deportivo é con claridade o peor equipo do segundo período ligueiro, superando a todos os clubs que se preparan para xogar un ano máis na segunda división do fútbol español. Os blanquiazuis, que íamos de novenos, fomos adiantados polos colchoneiros, que gañaron con claridade onte ao Valladolid, que da un paso máis de cara á viaxe ao pozo.


Isto foi todo por hoxe. Ata mañá! Forza Depor!

No hay comentarios:

Publicar un comentario