lunes, 10 de mayo de 2010

FD E FILIPE.

O blog Forza Depor, tivo a sorte de estar entre os moitos diarios e periodistas que puideron falar con Filipe e felicitalo polo seu regreso. Aquí tedes parte da entrevista que lle puidemos facer xunto o resto de xornais.

FORZA DEPOR:

Boas, Filipe.

FILIPE:


Moi boas.

FD:

Ao parecer cumpliu vostede o obxectivo...

FILIPE:

Si, o certo é que foi un pracer voltar tan rápido e recuperarse tan pronto dunha lesión tan grave.

FD:

Poderíase comparar este partido cun debut?

FILIPE:

Non exactamente. Para min foi unha alegría voltar, pero nun debut soes estar nervioso e non rendir o cen por cen, como a ti che gustaría facelo. Eu prefiro tomalo como outro partido, iso sí, tiña moitas ilusions.

FD:

A relación co público pareceu ser boa...

FILIPE:

Si, a verdade é que me estiveron animando en todo momento, dende que saín quentar ate o remate do encontro. Só teño boas palabras para describilos.

FD:

Gardou vostede algún recordo deste partido?

FILIPE:

Non, eu non son da clase de xogadores que gardan as camisetas, ese é o traballo da miña nai, que cada día despois dun partido recorta os artículos de todos os xornais...

FD:

Moitas grazas, compañeiro.

FILIPE:

Igualmente, adeus.


Esta foi a entrevista exclusiva con Filipe, que poderán ver no resto dos xornais que nos estiveron acompañando en Riazor nunha xornada tan importante.

GOLEADORES.

A apenas unha semana do remate do campionato de liga, Forza Depor, prepara unha sección nova na que poderedes informarvos sobre os goleadores do equipo. Esta é a primeira lista. Cada semana haberá unha (posiblemente a finais) por se se atopa algún cambio na propia.

  1. Riki. 8 goles.
  2. Adrián, 4 goles.
  3. Guardado, 3 goles.

No hay comentarios:

Publicar un comentario