miércoles, 5 de mayo de 2010

PRIMEIROS MOVEMENTOS.

Unha partida de xadrez que nunca remata. Unha na que os cabalos non teñen nada que facer. Pero... Sí o rei e a reina! Lotina e Lendoiro son eses dous xogadores. Os que fan cada maniobra á perfección, os que puideron traernos a Filipe, Guardado e reter a Valerón. Para a próxima campaña todo terá sentido. Todo encaixará. Contaremos ao menos con cinco novas fichaxes. E, a verdade é que se che comen unha ficha... Cámbiaa por outra. Porque nas fichaxes... Non hai quen nos gañe. Forza Depor!

Efectivamente, o texto que acaban de ler arriba, trátase dunha campaña publicitaria de "Forza Depor", na que intentamos erguer o ánimo dos xogadores, e da afición. Por iso, pretendemos que de cara á próxima tempada, todos estean co equipo nas boas e nas malas. Porque a partida de xadrez, non está rematada. Xuntos, facemos máis!

Hoxe gustaríanos informarvos tamén que só quedan cinco días para que remate a nova enquisa que propuxemos hai cousa duns días. Votade!

Isto foi todo por hoxe. Até pronto e non vos esquezades do partido que xoga hoxe o cadro herculino! Forza Depor!

No hay comentarios:

Publicar un comentario