martes, 18 de mayo de 2010

TEMPORADA NEGATIVA.

O Deportivo da Coruña, completou este sábado unha temporada negativa e dificil de superar. O conxunto herculino acadou o seu record histórcio de partidos sen gañar consecutivamente (11) e logrou tamén manter a longa lista de lesionados da liga, que sumaron en total 1.162 días entre todos os xogadores que foron baixa nalgún tramo determinado da liga. Filipe, foi o que máis, xunto Angulo. Tamén debemos destacar que entre os 24 xogadores da plantilla puoderonse recoller na liga 2009/10 83 lesións diferentes.


Agora, nos despachos do Deportivo, non estan pendientes das lesións. Lotina e Lendoiro, planifican xa a seguinte tempada, na que seguro atoparan diferentes ofertas interesantes. No blog Forza Depor, tomamonos a liberdade de facilitarlle o mercado ao club blanquiazul, facendolle unha breve lista cos nomes dos posibles fichaxes.



  1. Yeste, Athletic de Bilbao.

  2. Camacho, Atletico de Madrid.

  3. Soldado, Getafe.

  4. Diego Costa, Valladolid.

  5. Pedro León, Getafe.

Esta é a nosa táboa dos posibles fichaxes do Deportivo para a próxima tempada, na que poden chegar caras novas e despedirse das vellas. Piscu é un dos elixidos para esta operación, na que tamén poden ser recuperados xogadores cedidos como Aythami, Bergantiños, Ruben Castro...


Por hoxe recollemos. Mañá voltaremos con novas noticias e seguiremos valorando a tempada do club. Neste resumo da liga do Depor, colaboran os xogadores dando a súa opinión. Se queredes dar a vosa, votade na nosa enquisa para valorala. Grazas pola vosa atención. Forza Depor!

No hay comentarios:

Publicar un comentario