
Roy Makaay, dianteiro do Feyenoord, e ex xogador do Tenerife e Deportivo, anunciou hoxe martes, a súa retirada do fútbol, despois de deixar só bos recordos na mente de todos os aficionados dos equipos polos que pasou. Dende logo, o primeiro é o Depor, no que xogou a súa mellor etapa como futbolista de élite. Este grande xogador, logrou entre moitas cousas, darlle unha liga ao club coruñés cos seus incontables goles, facer o propio cos herculinos, só que na Champions... Dende esta web, dende logo, desexamoslle o mellor para o seu futuro (que será como adestrador da canteira do seu club actual) e felicitalo por todo o que nos deu e o pouco que pediu a cambio. Por iso, gustaríanos que todos os que nos estades lendo o apoiásedes en Riazor e o homenaxeásemos recordando os seus mellores momentos. Se algún dos nosos lectores, posee na súa casa unha camiseta deste grande xogador, que non dude en usala, este sábado, en Riazor, fronte o Zaragoza. Esperamos que a el lle quedaran tan bos recordos da nosa cidade como a nós nos quedaron del. Cuidate compañeiro!
O ariete deportivista, Iván Sanchez Soto "Riki", fixo pública a súa renovación, despois de firmar contrato con Lendoiro, máis tarde dunha intensa charla do presidente ao xogador. O propio, declarou para os medios que estaba feliz de seguir nun club como o Deportivo.
Ze Castro. O Sporting de Lisboa declarou o seu interés polo xogador blanquiazul, para reforzar a súa defensa a próxima tempada. Aínda así, Lendoiro, non lle contestará ao club luso ate tomar unha decisión, iso sí, consultandolle a Lotina, quen renovou a cambio de ter máis participación nos fichaxes e nas saídas dos xogadores do seu club.
Grazas por lernos. Ata outra! Forza Makaay e Forza Depor!
Makay marcou un antes e un despois no Dépor, para min foi un dos mellores xogadores que vio Riazor.
ResponderEliminarË unha mágoa que deixe o fútbol pero a idade...
Polo tema de Zé Castro aínda que fixo un bó partido ante o Valencia eu venderíao iso sí se é por unha cantidade apetecible...
Martín 1º B