viernes, 16 de abril de 2010

PREPARADOS!


Preparados están os xogadores do Deportivo, que, despois de perder forte o Barça, midense ao Almería este domingo ás 17:00 horas da tarde. Neste partido o prezo da entrada (acompañando a un socio), custará como é agora habitual, cinco euros a entrada. Os almerienses aterrizarán no aeroporto da Coruña, mañá sábado, ás sete da tarde.


Unha das novedades no adestramento de hoxe, foi o central Ze Castro, que levava xa días e inclusive semanas sen adestrarse co resto do grupo, por mor dunha pequena molestia na súa perna dereita. Pola súa parte, Albert Lopo, ao igual que Lassad, adestráronse ao marxe do grupo, o catalán, por unha pequena sobrecarga, e o franco-tunecino por unha contusión no triceps ural da súa perna esquerda. Calculase a mellora destes xogadores e alguns atrevense a apostar a que a súa recuperación será tan inmediata como para chegar sans ao partido deste domingo en Riazor.


Deportivo-Almería. Riazor. 17:00 horas. PPV. Calcúlanse algunhas precipitacións para o comezo do partido. Co paso dos minutos as nubes iranse despexando. O partido será transmitido radiofónicamente polas seguintes emisoras: Radio Voz, Cadena Ser, Radio Galega e Radio Marca. Ao día seguinte, no post partido seralles comunicado o resultado nesta casa, xunto coa crónica. Grazas por seguir visitando o noso blog. Forza Depor!

No hay comentarios:

Publicar un comentario