jueves, 15 de abril de 2010

PEDRITO.


A Pedrito tocoulle a noite de onte amargarlle a festa ao Deportivo, que perdeu o partido fronte un Barcelona moi atascado na primeira parte. O Barça, comezou a festa dos goles co de Bojan, que leva, con este, tres partidos seguidos metendo no Camp Nou. Despois do minuto 15, todo foron ocasións de ambos equipos, ainda que o equipo do noreste de España tivo máis posesión que os coruñeses. Aínda así, o partido complicábase para o Barcelona, porque irse no descanso gañando só de un gol non era un bó resultado momentánio para os de Cataluña. Máis tarde, xa na segunda mitade un saque de Victor Valdés, vai dar ás botas de Aranzubía, que despexa mal, enviandolle así o balón ao tenerifeño, Pedrito. Este aproveita a posición adiantada do meta deportivista, e de primeiras, coa súa prena esquerda, cola un balón imposible pola esquadra, superando así ao que puido ser un gol Histórico de Pelé, hai tan só corenta anos. A falta de 15 minutos para o final do partido, Touré Llalla, sentenciaba o encontro con tiro a media altura despois de recoller un rebota da defensa do Deportivo. Ao final 3-0 para o Barça, aínda que tranquilamente o resultado puido ser oposto, xa que os blaugranas demoleron claramente á dianteira deportivista ate en tres ocasións, que claramente, Paradas Romero non asubiou para que o resultado favorecese aos locais. O Barça quítase unha xornada de diante, e o Depor desgraciadamente o mesmo.


Grazas pola súa atención. Esperamos que gozasen da información que lles trouxemos. Forza Depor!

No hay comentarios:

Publicar un comentario