
Mal sabor de boca é o que lle quedou ao Deportivo despois deste mal encontro, que rematou con reparto de puntos para ambos equipos. Os de Lotina, viñan de perder fronte o Barça, e, pola súa parte, os de Lillo, fronte o eterno rival dos azulgranas, o R.Madrid. O Deportivo saiu sen moitas gañas ao terreo de xogo, ao igual que o equipo almeriense. A primeira mala nova foi para o conxunto herculino, quen perdeu a Andrés Guardado, tras solamente dez minutos de xogo. O mexicano voltou a lesionarse e o martes os médicos e especialistas do Deportivo, verano con calma para dar a coñecer o período da súa lesión. Pouco máis deixou o partido, posto que tras unhas cantas paradas de Aranzubía, uns cantos pases de excelente calidade de Valerón, e alguns fallos claros do colexiado do partido, Iturralde Gonazalez, deixaronnos coas gañas, de novo, de puntuar coma deus manda.
Mañá os xogadores do Deportivo, descansarán, mentres que o martes, voltarán aos campos do mundo do fútbol de Abegondo, para prepararse para o seguinte partido, o sábado que ven fronte o Valencia, en Mestalla, ás dez da noite.
O Deportivo, como xa dixemos, terá sesión de descanso mañá, sen embargo nós, estaremos igual que sempre, con todos vós, con máis detalles do partido, e cunha entrevista exclusiva co lesionado Juan Dominguez. Isto será o luns. Disfruten do que queda de fin de semana, e ata sempre! Forza Depor!
No hay comentarios:
Publicar un comentario