
O equipo de Forza Depor, que presenciou o partido dende a tribuna superior, cos demais medios deportivos e radiofónicos, tivo o placer de poder facerlle un par de preguntas en exclusiva a Juan Dominguez, que nos conta a orixe da súa lesión e califica para esta casa o partido de onte. Non o perdan.
FORZA DEPOR:
Bos días, Juan.
JUAN D.:
Boas.
FD:
Antes de nada, gustaríanos felicitarte pola excelente campaña que estas a facer, e a preguntarche pola túa lesión. Contanos onde surxiu, por que motivo e sobre todo o día que voltarás aos terreos de xogo.
J.D:
Grazas polo cumplido, pero de momento non podemos adiantarnos, ao final de temporada falaremos. Sobre a miña lesión... O día do encontro fronte o Valladolid, fixen un mal movemento e o meu nocelo dereito leva sufrindo dende enton. Cada vez que me esforzo con este, ou cargo moito o corpo sobre o propio, volta a "queixarse" da dor. Os médicos do club, pronostican a miña volta no partido contra o Valencia ou fronte o Zaragoza.
FD:
Desgraciadamente, tiveches que ver o encontro dende a grada. Como viches ao equipo?
J.D:
O partido poderíase dicir que foi noso o noventa por cento. Ainda que a afición pense o contrario, se se pensa ben, o Almería tivo só dous ou tres tiros, mentres que o Depor gozou de numerosas intervencións, iso sí poucas entre os tres paus. Non fomos capaces de construir un gol e iso ao final, pasou factura...
FD:
Pois moitas grazas por atendernos, e esperamos que te recuperes pronto.
J.D:
Grazas a vos e ata outra!
Esta foi a entrevista exclusiva que lle fixemos a Juan Dominguez, nada máis rematar o encontro. Grazas por seguirnos, ate pronto! Forza Depor!
No hay comentarios:
Publicar un comentario