viernes, 9 de abril de 2010

AGRANDASE A FAMILIA!


Agrandase a familia deportivista, posto que esta casa acaba de abrir outro novo espazo da man dunha persoa co corazón blanquiazul, como todos nós. Por iso gustaríanos que o noso novo blog: http://www.forzadeporblanquiazul2.blogspot.com/ se fixera ver cunha inolvidable acollida. No caso de que unha destas páxinas non estivera activa un día, poderían visitar a outra xa que como dí o noso compañeiro, fundador desta nova web, son "Páxinas Irmans".


Raúl, no once. O xoven procedente da canteira do Deportivo debutará como titular nesta liga. Dende pequeno visitaba o estadio e agora admite que é un soño feito realidade.


Lotina, mentalizando. Mentalizando aos seus xogadores para o encontro fronte o Racing. Despois de dar unha charla de unha hora, declarou para a prensa de que todas estas derrotas non son polo baixo nivel físico dos seus xogadores, senon pola mentalidade que estiveron adoptando pouco a pouco. Por iso, o partido que enfrontará ao Depor co Racing de Santander este domingo 11 de abril ás 17:00 horas da tarde, será o último tren do equipo coruñés para engancharse de novo á loita polos postos da Europa League.


Mañá ping-pong. A segunda parte do torneo que víñamos anunciando, celebrarase no pabillon de Bastiagueiro, o do Instituto María Casares.O evento transcorrerá dende ás catro e media da tarde ate as oito e media.


Grazas por acudir á nosa cita co mundo do deporte coruñes diaria. Ate outra e... Forza Depor!

2 comentarios:

  1. gustame moito o teu blog espero que sigas durante moito tempo máis con isto e que segas a facelo mellor se é posible. Saúdos amigo e....
    FORZADEPOR!!!

    ResponderEliminar
  2. agora o meu blog é http://forzafutbolforzadepor.blogspot.com/ son Damian 1ºB o de arriba foi martin

    ResponderEliminar