sábado, 10 de abril de 2010

PARTIDO VITAL.

Partido vital para un Depor que se xoga a temporada en Riazor, mañá fronte o Racing. Os de Santander, veñen de perder na casa contra o Madrid, e a pesares de vir a Coruña sen Canales (por mor dunha microrrotura) contan con levarse os tres puntos, aproveitandose da mala racha do equipo herculino. Un xogador que sí viaxa é Pedro Munitis, que se reencontra co seu ex equipo. Riazor recibirao cun grande sorriso e miles de aplausos por todo o que fixo por nós. O horario do partido será dende ás 17:00 ate ás 18:45 horas da tarde. Este é o último tren cara Europa do Deportivo. Esperemos que non o perda!


Rogamoslles que nos disculpen. O certo é que anteriormente, anunciaramos outro dos nosos blogs. Pois ben, a dirección que recibimos e que publicamos, non é correcta. A verdadeira dirección é a seguinte: http://www.forzafutbolforzadepor.blogspot.com/ . Unha vez máis pedimoslles disculpas e sentimolo moito, grazas.


O torneo de ping-pong do que viñamos falando, celebrouse hoxe no pabillon María Casares, en Bastiagueiro. Neste campionato houbo, polo momento os primeiros clasificados infantís para a ronda provincial. Estes foron David Viñas e Victor Tuñas, que derrotaron, pola mínima aos seus compañeiros de centro e de clase, Damián Moar e Andrés Díaz. Aínda así puido gañar calquera nesta "amistosa" primeira final.


Grazas por lernos, ate a próxima! Forza Depor!

No hay comentarios:

Publicar un comentario