Son os que pode ter o Depor, en canto se abra o seguinte mercado. Por iso Lendoiro segue agrandando a lista dos candidatos. Entre eles atópase Rodrigo, un brasileño, que milita actualmente no Real Madrid Castilla. Este xogador xa foi convocado por Pellegrini e tamén pola selección sub 19 do seu país. O dianteiro non é o único que Lendoiro pretende"cazar". Nesta lista tamén entran Marcos Alonso e Mosquera, ambos xogadores do Madrid. Polo visto a recuperación de Filipe está facendo posibles estas esperanzas de fichar un dianteiro "9" que meta goles, posto que sería un bó cambio. A Florentino Perez debeulle interesar bastante o estado de recuperación do lateral, xa que non vai moito se pasou pola casa de Filipe a darlle ánimos. Pódese esperar calquera cousa do home que pagou tantos millons.
Pablo Álvarez, xogador do Deportivo de A Coruña, atópase en proceso de recuperación da lesión pola que acaba de pasar. Lotina espera que poida estar fronte o Racing.
Isto foi todo. Gocen do día!
No hay comentarios:
Publicar un comentario