martes, 19 de julio de 2011

"FDB PREPARA A SÚA REAPERTURA ESTELAR"

Forza Depor Blanquiazul, prepara a súa próxima reapertura estelar, acordada, salvo un cambio rutundo para mediados de Setembro de 2011. Andrés Díaz, autor, director e escritor da web, contará a con novos e eficaces colaboradores, cos que polo momento as negociacións están paradas. 'Todo indica a que entre dous ou tres persoas máis se uniran ao grupo', sinalaba o mandatario da web. Polo momento, so se poden adiantar os datos máis seguros, como a creación dun novo logo na cabeceira da páxina, o cambio total do diseño do espazo web,  e a colaboración da prensa, así como doutras páxinas ou blogs, que se embarcarán xunto a todos nós neste proxecto de futuro. 'A nosa idea será crear un espazo na web, para toda a parroquia blanquiazul, e esperamos que se consolide co paso do tempo como unha das referentes en canto ao deporte coruñés se refire', indica Andrés. Un novo chat, máis pestañas e programas dedicados á actualidade herculina en Agüeiros FM (www.agueirosfm.blogspot.com), serán outras das moitas novidades da web do futuro, a web do DEPOR.

No hay comentarios:

Publicar un comentario