jueves, 7 de julio de 2011

"FDB PECHA TEMPORALMENTE"

Esta humilde web cambresa, pechará temporalmente durante 9 días por motivos personais, nos que se inclúen días de investigacións e nova información sobre a actualidade deportivista. Andrés Díaz, creador, director, e escritor deste espazo na rede, visitará a localidade lucense de Taboada, na que entrevistará persoalmente á poboación da vila para que opinen sobre a situación pola que están a pasar o Lugo e o Depor, que finalmente non poderán competir na mesma categoría. FDB, achegarase tamén a lugares insólitos xamais pisados polo home en 47 anos, é dicir, o embalse de Belesar, perto de O Saviñao, así como de Vilar ou Sonán. Este embalse, foi creado hai corenta e sete anos, e ao seu paso, inundou as pequenas casas situadas nesa zona, como o pequeno pobo de Mourulle. Aproveitando que o nivel da auga se reduciu tanto, Agüeiros FM, emisora colaboradora con FDB, presenciará tamén este feito histórico con marabillosas entrevistas e crónicas en directo.    Non obstante, o próximo lúns día 17, reunirémonos de novo aquí, na páxina do deporte coruñés, na páxina na que todos temos algo en común, en Forza Depor Blanquiazul. Un saúdo a todos e FORZA DEPOR!

No hay comentarios:

Publicar un comentario