Augusto César Lendoiro, anunciou o pasado venres que antes de que finalice Xuño, sse realizarán 4 incorporacións. Unha delas, xa foi confirmada polo propio mandatario do club e polo seu medio oficial. Trátase de Ayoze, ex xogador do Tenerife, C. de Murcia (club no que coincidiu co actual técnico do Depor, Oltra), Racing de Santader e Real Mallorca. O tinerfeño non agochou a ledicia que sente ao xogar nun club tan grande: "O Deportivo é un club de Primeira, a pesar do inxusto descenso, e por iso espero contribuir no ascenso."Estas son as palabras do novo xogador do Deportivo, que espera poder estar á altura de Filipe e poder relevalo con dignidade, a pesar de que terá que competir o seu posto co paraguayo, Morel.
Tras confirmar este novo fichaxe, que chega á Coruña libre por tres tempadas, o diario oficial do club, DeporSport, anunciou onte que a fichaxe de Jesús Vázquez é inminente e en breve será oficial. O xogador extremeño, milita actualmente dende hay cinco tempadas, no Recreativo de Huelva, no que a súa afición xa o considera todo un referente no medio do campo. O decano do fútbol español, citou ao xogador para comezar a pre tempada, mais, ninguén no entorno andalúz conta coa súa continuidade, xa que cada vez se acerca máis ao Depor.
Por último, o Depor Sport esperta hoxe con Salomao en portada. Trátase dun extremo dereito de 22 anos, que xoga no Sporting de Lisboa. De seguir a diante coas negociacións, o xogador so podería chegará Coruña en calidade de cedido, e sen opción de compra. En Portugal, xa é comparado co seu compatriota Nani, pola súa velocidade. Según indicou onte o diario luso, "A Bola", este xoven futbolista podería recalar nas filas do clube herculino como moeda de cambio por Guardado, a pesar de que a cantidade que da o Sporting, non ten nada que ver coa que pide Lendoiro."ADRIÁN, RUBÉN E GUARDADO, CAMPIÓNS"

Adrián López e Rubén Pérez, futbolistas do Deportivo da Coruña, proclamáronse o pasado sábado campións de Europa sub 21, despois de abrumar tamén a Suíza. O ariete asturiano xogou titular este encontro, mais non tivo sorte de cara á porta. Non obstante, foi elixido mellor xogador do torneo e Bota de Ouro, do mesmo con cinco tantos, a dous do record nesta competición. Rubén Pérez, non disputou ningún minuto nesta final, sen embargo o seu incondicional apoio levou á Selección ao máis alto.
Pola súa parte, Guardado, é agora campión da Copa de Ouro da FIFA, tras remontarlle aos Estados Unidos na final un 0-2 en contra. O mexicano, anotou un dos 4 tantos cos que venceu a súa selección nacional a final desta competición. O azteca do Depor, anotou tamén o gol máis fermoso da Copa de Ouro, ante Costa Rica.
"O LUGO CAE ANTE O ÚLTIMO OBSTÁCULO"
O conxunto dirixido por Quique Setién, caeu ante o seu último obstáculo no camiño do ascenso, O Alcoiano. Tras perder na ida pola mínima, o Anxo Carro presentaba a mellor entrada de toda a tempada, mais non foi suficiente. A pesar do dominio total e absoluto do clube lucense, nunha das súas únicas ocasións, o equipo rival logrou adianterse no marcador e deixar sentenciada a eliminatoria. Por tanto, o Alcoiano, volta 42 anos despois á División de prata do fútbol español, acompañado do Guadalaxara, que debuta na mesma grazas a un penalty ante o Mirandés no minuto 89.
No hay comentarios:
Publicar un comentario