miércoles, 29 de junio de 2011

"DEPOR E RIVER, DOUS EQUIPOS DE 1ª, EN 2ª"

Este ano 2011, será recordado por todo aquel que aprecie o bo fútbol, será recordado por todos os amantes deste deporte, será recordado, en resumo, como o ano maldito, o ano, no que descenderon dous dos máis grandes do balompé mundial. Depor e River, River e Depor, dous clubs que a pesar de non se ter enfrentado no campo, comparten a desgraza do descenso fora del. Moitos foron os choros e lamentos que se deron na Coruña e Arxentina nas últimas semanas, no primeiro caso, meses. Sen embargo, ambos conxuntos contan cun proxecto de futuro, co que poder voltar á élite das súas respectivas ligas. Jose Luís Oltra e Matías Almeyda, serán os homes encargados de devolver a River e Depor a súa categoría natural.

O equipo coruñés, contaba con 42 tempadas de experiencia na 1ª División española, 20 delas, seguidas. Unha liga, dúas copas, tres supercopas e unha intertoto, señalan o increíble rendemento do Depor nestas últimas súas décadas. Agora, volve ao inferno de 2ª, coa cabeza alta, unha afición inmortal e dende logo, con gañas de voltar a categoría de ouro do fútbol hispano.

En canto ao River Plate, 110 anos de historia resumen o seu paso pola 1ª División arxentina, da que nunca baixara. Este ano, por primeira vez, probará a amargura do descenso, tras caer na promoción. Esta situación, desconcertou gravemente á súa hinchada, acostumada a gañar títulos.

Ambos equipos se atopan en situacións críticas, non obstante, ninguén dubida da capacidade que teñen os dous equipos para saír de malos momentos como os que están a pasar. O tempo fará xustiza no fútbol, e devolverá a dous dos máis grandes equipos da historia do fútbol á división que merecen.

No hay comentarios:

Publicar un comentario